Fianzas de 1.200 millóns de euros para o ex-presidente de Pescanova e outros 9 directivos

O xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz, fixou esta segunda feira fianzas que suman 1.200 millóns de euros para o ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa e 9 directivos máis da entidade perante posíbeis responsabilidades civís derivadas da súa xestión económica

O ex-presidente de Pescanova  deberá depositar 178,8 millóns de euros en concepto de fianza. Así o ditaminou esta segunda feira o xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz. A decisión foi adoptada no decorrer da investigación xudicial arredor da xestión económica desenvolvida pola dirección de Pescanova na que puideron ter empregado información privilexiada para favorecer os seus intereses.

Comentarios