Ferroatlántica procura apoios do Estado na pugna contra o veto da Xunta a segregar as súas centrais

Afirma, nun comunicado, que a Secretaria do consello para a unidade de mercado (Secum), do Ministerio de Economía, “apoia” que a Xunta xustifique a súa decisión contra a segregación.

ferroatlántica

A negativa da Xunta a autorizar a segregación de actividades das centrais de Ferroatlántica na Costa da Morte – tal e como quería a empresa como paso previo para vendelas- non foi ben encaixada pola firma, que continúa coa pugna, tanto a nivel xudicial como político. Ferroatlántica afirmaba en febreiro que a Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMV) fixera un pronunciamento que advertía de “posíbeis incumprimentos da Lei xeral de unidade do mercado” na decisión da Xunta.

Agora, e a través dun comunicado recollido polas axencias, asegura Ferroalántica que a Secretaría do Consello para a unidade do mercado (Secum) apoia a necesidade de que a Xunta xustifique “irrefutabelmente” a prohibición de segregar as súas actividades de ferroaliaxe e de produción de enerxía eléctrica.

A empresa sostén que o Secum indica que tanto a ferroaliaxe como a enerxía eléctrica son actividades económicas que como tales están incluídas no ámbito de actuación da Lei xeral de unidade d mercado, que é a nivel estatal.  Ferroatlántica entende que “non se pode impedir o desenvolvemento da empresa amparándose nunha defensa de interese xeral que a Xunta non acredita”.

Comentarios