Fernández de Sousa exixe 663.000 euros a Pescanova por despedimento improcedente

De Sousa dimitiu como presidente da multinacional en xuño. Como presidente cobraba por volta dun millón de euros anuais.

Fernández de Sousa

662.119 euros con 26 céntimos de euros. Esta é a cantidade que reclama o ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, segundo a demanda presentada contra a multinacional por un suposto despido improcedente.

O Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra acolleu o xuízo nesta segunda feira, sesión á que non asistiu De Sousa mais si a súa avogada. Os letrados de Pescanova e da administración consursal reclamaron que se considere “unha temeridade” este proceder e que se teña en conta as circunstancias nas que se presentou a reclamación.

De Sousa presentou a súa dimisión como presidente da compañía galega o 17 de xullo, cargo polo que cobraba case un millón de euros ao año.

Comentarios