Fenda dixital: Galiza lidera a falla de cobertura de banda ancha de nova xeración

Un estudo de UGT con dados oficiais di que no noso país hai 485.000 persoas afectadas por esta situación.

ordenador
photo_camera ordenador

Galiza é o territorio do Estado español con máis zonas branca NGA, denominación para aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración para aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración nin previsións para a súa dotación por algún operador no prazo de 3 anos e en base a plans de investimentos críbeis.

Son, segundo un estudo de UGT feito a partir de dados da Secretaría para o Avance Dixital, 13.018 zonas branzas na Galiza, que afectan por volta de 485.000 persoas. “Galiza destaca polo número de puntos sen cobertura de banda ancha de última xeración, triplicando a seguinte”, indica o sindicato, que sería Castela-León, con 4.000 puntos nesta situación.

Entre as cinco provincias do Estado con maior número de zonas brancas figuran as catro da Galiza, unha delas, A Coruña, liderando o ránking: 5.288 puntos e 190.000 persoas afectadas.

O estudo indica que embora o chamativo destes dados, a principal orixe da fenda dixital no Estado español non se debe á falla de acceso ás infraestruturas mais á falla “de interese ou a ausencia de coñecementos informáticos”.

Comentarios