A fenda de 15.000 millóns de euros

O aforro que os galegos teñen nos bancos volva en xuño batir récords (case 57.900 millóns de euros) mentres o crédito, embora aumentar, segue a ser moi inferior (43.000 millóns).

salario soldo cartos diñeiro

Galiza está no alto das listaxes dos territorios con máis aforro nos bancos mais desaparece deses postos de privilexio en canto se fala de crédito. As prazas pasan entón ser ocupadas polas comunidades do Levante, sur e centro do Estado, onde os créditos superan os aforros. Galiza aforra moito mais eses depósitos non se transforman en moito crédito en Galiza. Algo que vén de corroborar máis unha vez o recente informe do Banco de España, publicado a mediados de xuño, e no que sinala que os galegos volvemos batir un novo récord en canto a ter cartos gardados nos bancos, quer á vista, en contas a prazo....

O Banco de España cifra en perto de 59.000 millóns de euros o aforro nas entidades financieiras existentes en Galiza. Para ser exactos, 57.855 millóns. Supón 2.500 millóns de euros máis que cando se despediu o 2015. Unha cifra que supera o produto interior bruto (PIB) de Galiza. No outro extemo, o crédito, que foi de 43.178 millóns de euros. Son 3.000 millóns de euros máis que a finais de 2015, o que indica que tamén aumenta o diñeiro prestado polas entidades, mais segue a estar moi por baixo do aforro gardado.

Diferencial

Hai, pois, un diferencial, unha fenda de case 15.000 millóns de euros entre o aforro galego e o crédito que se concede en Galiza, cifra que en boa medida vai para fornecer créditos noutros territorios do Estado. Como, por exemplo, Madrid, Catalunya ou Vañlencia, entre outras, onde o crédito é moito maior que o aforro.

O economista Aleixo Vilas ten destacado que a poboación galega representa o 5,88% da poboación do conxunto do Estado mentres o crédito galego só representa o 3,15% do crédito estatal, un peso moito menor ao seu peso poboacional. “De feito, o noso país é, despois de Estremadura, onde o crédito per cápita é menor. Así, o peso dos créditos en Galiza no conxunto do Estado con respecto ao peso poboacional que ten Galiza é case a metade (0,54). En senso contrario, en Madrid, tendo o 13,75% da poboación do Estado, posúe máis da cuarta parte do crédito (27,06%), é dicir, o peso do seu volume de crédito no Estado case duplica (1,97) ao da súa poboación e cuadriplica o de Galiza”. 

Comentarios