Feixoo calcula que o PIB galego caerá máis de "2 díxitos": "Moito peor que a recesión de 2008"

As estimacións do Foro Económico de Galiza apontaban unha caída de entre 5,6 e 7,4%.

cadena montaxe traballo mikel arrazola
photo_camera (M. Arrazola)

Na xornada na que se coñecía que o PIB español caeu por mor da pandemia en 5,2% no primeiro trimestre, o seu peor resultado da serie histórica, Núñez Feixoo non deixaba moito espazo para a esperanza no que respecta a Galiza.

Así, o presidente da Xunta asegurou que a caída do Produto Interior Bruto (PIB) da Galiza "probabelmente" estará en "dous díxitos" e cualificou o dato económico como o peor nas "últimas décadas".

Referiuse á "primeira análise" feita polo Foro Económico de Galiza, no que auguraban unha caída da economía galega de entre o 5,6% e o 7,4% do PIB polo impacto do estado de alarma a raíz do coronavirus, segundo a duración do confinamento.

Neste sentido, considerou que a caída dependerá "do número de semanas" e da "reactivación económica e social". "Neste momento paréceme que o PIB galego está probablemente na peor situación que vivimos nas últimas décadas. Moito peor que a recesión que sufrimos no ano 2008, aínda que se ocultou até o 2009", manifestou.

Comentarios