AUSTERIDADE

Feijóo recurta á metade nestes 4 anos os fondos para promoción e fomento do emprego

Pasaron de máis de 284 millóns de euros en 2012 a menos de 163 millóns os que hai para este ano, unha tesoirada que afectou a todos os capítulos. Na Galiza hai 250.000 persoas no desemprego.

Os números indican que o emprego non semella ser unha prioridade para este goberno galego. No mínimo no que se refire a promoción e fomento do emprego, eido que leva anos a sofrer tesoiradas do executivo en cada orzamento anual. Uns recortes que coinciden cuns anos nos que o número de persoas en desemprego no noso país atinxen cifras máis que preocupantes.

Nos últimos catro anos, desde 2012 até 2015, coincidindo coa segunda lexislatura do PP de Núñez Feijóo, os fondos para mellora e promición de emprego caeron en máis dun 43 por cento. Eran 284 millóns de euros en 2012 e apenas acadan os 162,7 millóns en 2015. Nestes anos a cifra de persoas no desemprego en Galiza non baixa das 250.000. E o 2015 comezou con 120.000 desas persoas no paro que xa non cobran prestación.

No capítulo de formación profesional para desempregad@s pasouse dos case cen millóns de euros que se destinaban hai tres anos aos menos de 69 millóns de agora

A queda máis importante é na mellora da cualificación de emprego, que pasa dos 32,4 millóns de euros en 20102 a só 6 millóns para o presente ano. No capítulo de formación profesional para desempregad@s pasouse dos case cen millóns de euros que se destinaban hai tres anos aos menos de 69 millóns de agora. A promoción do emprego autónomo experimentou un recorte nos fondos do 30% e o de mellora e fomento da empregadibilidade do 49 por cento.

Comentarios