Feijóo recoñece que paralizou a acción de goberno en setembro

A interventora xeral da Xunta certifica no Parlamento o fechamento do exercicio orzamentario a 30 de setembro. Con esta manobra contábel só asumiron o pagamento de actuacións certificadas antes desa data.
Feijóo
photo_camera Feijóo

A Xunta confirmou que fechou o exercicio orzamentario antes de outubro do ano pasado. Con este fechamento antecipado das contas da Galiza o goberno de Feijóo só asumiu o pagamento de actuacións certificadas antes desa data. Segundo os datos da Xunta, nos últimos cinco meses do ano só pagaron 145 millóns de euros dun total de 987, o 14 por cento do crédito vixente. Deste modo, contabilizando o orzamento da Xunta vixente durante 9 meses, as contas cadraron no exercicio pasado.

Esta situación foi descuberta cando o propio presidente da Xunta admitiu que entre xaneiro e abril o Goberno galego tería que pagar 1.500 millóns de euros de facturas adiadas do ano anterior.

Comentarios