Feijóo gaba as elites millonarias subido a un cruceiro nunha cidade con 32.000 desempregad@s

O presidente da Xunta teatraliza a súa aposta polos visitantes de paso e de alto nivel económico subindo ao luxoso 'Oasis of the Seas' en Vigo, cidade con enorme taxa de desemprego.

Feijóo
photo_camera Feijóo

Alberto Núñez Feijóo avalou este sábado un determinado modelo económico e mesmo social ao procuraren unha foto no chamado 'Día Internacional do Turismo' nun xigantesco buque de lecer elitista, chamado 'Oasis of the Seas'. A este símbolo -un máis, hai decenas iguais percorrendo o mundo, trátase dunha cuestión publicitaria- subiu o presidente de Xunta para louvar os supostos beneficios das altas esfetas que poboan estas naves, con 8.000 persoas dentro e cuxo efecto económico é motivo de grande discusión entre sectores galegos, onde hai @s que opinan que se trata dun eixe básico e quen, pola contra, argumenta que apenas deixan cartos -en función do que cede o porto para acollelos- xa que @s visitantes marchan rápido, apenas consumen ao ter todos os servizo de balde no cruceiro e, mesmamente, a maioría só consumen en mercados dubidosos achegados a onde atracan.

Na procura da elite

Porén, o máximo representante legal do goberno galego decidiu -nunha liña turística de elite moi recoñecida na dereita e tamén nos seus medios afíns- avalar ese modelo ante un luxoso edificio andante no que se limitou a dicir que “estamos dentro da elite das grandes compañías mundiais de cruceiros”. Non fixo referencia ningunha a todo ou toda aquela que nunca poderá subir a máis barco que, por exemplo, o de Cangas que saía en 'Los Lunes al Sol'. Mais si asegurou que un dos seus obxectivos é conseguir -nunha loita  que comparte pero lle enfronta ao alcalde de Vigo, tamén partidario deste modelo, nunha nova demostración da loita interna que teñen ambos os dous, partidarios dunha aposta que certos estudos relacionan directamente coa precariedade- que espera que Galiza “poida ocupar un lugar preferente nas rutas marítimas do turismo”.

As paixóns vacacionais de Núñez Feijóo no mar xa son publicamente coñecidas desde que se publicaron as súas fotos nun iate xunto a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico.

Comentarios