Feijóo di que Pemex quere construir 2 buques quimiqueiros na Galiza

Alberto Núñez Feijóo vén de anunciar a "ampliación" do acordo coa petroleira mexicana Pemex. O presidente da Xunta afirma que a multinacional solicitaráofertas de orzamento nos vindeiros días a Navantia e outros estaleiros alegos para a construción de dous buques quimiqueiros.

Feijóo informou que a ampliación do acordo inicial con Pemex conquireuse na xuntanza da comisión se seguimento do pacto, celebrada hai uns días.

Alén diso, o presidente da Xunta lembrou que Pemex mantén o compromiso de que os estaleiros galegos participen na construción de 14 remolcadores (sete íntegramente na Galiza e os outros sete en colaboración ou participación do sector mexicano) e que tamén segue en pé o compromiso de facer de Punta Langosteira a súa base estratéxica para Europa.

O anuncio foi acollido con recelo por parte dos sindicatos, que temen  que todo sexa unha mera xogada propagandística

Comentarios