Feijóo anuncia nun mitin na Mariña que Alcoa manterá a tarifa eléctrica competitiva

O candidato popular, Núñez Feijóo, anunciou nun acto electoral en Foz que o ministro de Industria xa asinou a orde para que Alcoa manteña o prezo pola electricidade
alcoa

José Manuel Soria, ministro de Industria, xa asinou" a orde para manter o mesmo prezo de enerxía para Alcoa". O candidato do PP, Núñez Feijóo, aproveitou o mitin popular en Foz esta quinta para facer o anuncio e fíxoo momentos antes de manter unha xuntanza con representantes de traballadores da factoría de San Cibrao.

Feijóo afirmou que Alcoa seguirá, pois, a pagar a mesma tariga que até o de agora e non se verá afectada, pois, polo novo marco enerxético que aumenta o prezo da electricidade. Esta era a demanda que tanto dirección de Alcoa como cadro de persoal viñan defendendo desde hai meses, con mobilizacións na Mariña, A Coruña e outras partes do país-

A factoría de San Cibrao da emprego directo a 2.000 persoas e representa pola volta do 35% do PIB da provincia de Lugo. A  dirección da empresa levaba tempo advertindo que de non manter unha tarifa eléctrica competitiva corría o risco de non poder manter a actividade na comarca.

Cautela

O anuncio de Feijóo en plena campaña foi collido con cautela por representantes dos traballadores, que sinalan que a mesa xera ilusión mais prefiren esperar a ter coñecemento oficial "e con papeis". Neste sentido, manifestan a súa esperanza de que non se trate doutro caso Pemex. 


Comentarios