Feche simbólico dos museos da Deputación de Lugo en denuncia da quita aos afectados polas preferentes

A Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo fechou de xeito simbólico as súas instalacións entre as 11:43 e as 12 horas. O nacionalista Antonio Veiga argumentou a medida en que “o PP coa súa maioría no Congreso aprobou outra norma para executar o roubo dos aforros a milleiros de galegos e galegas”

Museo do Mar de San Cibrao
photo_camera Museo do Mar de San Cibrao

O Pazo dos Deportes de Lugo e os catro centros da Rede Museística (o da Praza da Soidade de Lugo, Pazo de Tor de Monforte, Museo do Mar de San Cibrao e fortaleza de Narla, en Friol) pecharon nesta sexta durante case 20 minutos. Foi un peche simbólico nas instalacións dependentes da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo coa que se quería, por unha banda, amosar a solidariedade cos milleiros de lucenses e galeg@s esfatad@s polas preferentes. E, por outra, denunciar a aprobación no Congreso grazas ao PP da quita.

O vicepresidente nacionalista da Deputación, Antonio Veiga, manifestou que “a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida” .

Aliás, considera que “un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular que, mentres din solidarizarse e estar á beira das persoas afectadas, aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido “

Comentarios