Unha familia emigrante presenta unha demanda por 1,5 millóns de euros contra NGB polo calote de preferentes

É a de maior importe presentada en Galiza. Os denunciantes son unha muller de 60 anos e os seus dous fillos

Unha familia emigrante en Suiza presentou, a través do bufete Caamaño, Concheiro & Seoane en A Coruña, unha demanda contra Novagalicia Banco por importe de un millón cincocentos mil euros, a máis alta até o de agora en Galiza.

A denuncia é dunha muller de 60 anos, emigrada en Suíza, e os seus dous fillos, sen experiencia algunha en investimentos. A cantidade que meteron en participacións preferentes procedía dunha herdanza.

Os feitos remóntanse a 1991, ano no que a muller demandante, que daquela estaba emigrada en Suíza, foi depositando os seus aforros nunha sucursal de Caixa Galiza en Pontevedra, onde estaba o seu xestor bancario e persoa de confianza. Este en 2001 foi trasladado a Ferrol e a muller transferiu as súas contas a esa nova sucursal.

Abuso de confianza

Nos seguintes anos, e en base a esa confianza, a familia foi facendo o que lles dicía esa persoa á que deixaron claro que que quería que os seus aforros se depositasen a prazo fixo e sen risco.

Os avogados consideran que este caso é “habitual dentro das demandas presentadas nas preferentes: persoas sen ningún tipo de experiencia previa en investimentos, nin formación específica, titulares de depósitos, cunha relación de confianza cos empregados de NCG banco, quen non informan do risco e características dos produtos nos que se investían”.

Comentarios