Eurostat sitúa a Galiza entre os 36 territorios de Europa onde máis emprego se destrúe

O informe anual do organismo comunitario analiza 317 territorios, centrándose na evolución do paro os últimos anos. O noso país está nos territorios con maior perda de traballos.

Desemprego xuvenial

Eurostat, a oficina estatística da Unión Europea, sitúa a Galiza entre aqueles territorios da UE onde máis emprego se destruíu nestes últimos anos. O noso país está no 'selecto grupo' de 43 rexións onde esa variábel aumentou por riba do 5 por cento, segundo sinala La Voz de Galicia.

De feito, Galiza ocupa o posto 36 entre os 317 territorios da UE analizados por Eurostat no seu informe anual. Os últimos datos de desemprego, nos que o paro aumentou en setembro en Galiza en 3.209 persoas, non apuntan a un cambio de tendencia.

Eurostat tamén calculaba recentemente nun estudo que a queda nos soldos das e dos traballadores no Estado español foi do 4,3% mentres que no conxunto da Unión Europea aumentaron nun 1,2%.

Comentarios