Luxemburgo considera que o 'céntimo sanitario' de autonomías como Galiza vulnera a normativa comunitaria

O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da UE considera que o imposto sobre carburantes que aplican autonomías como Galiza vai contra as normas comunitarias. O Estado español podería ter que devolver 13.000 millóns de euros.

O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da UE (TUE), Nils Whal, dictaminou nesta quinta feira que o 'céntimo sanitario' (o imposto sobre carburantes que aplican algunhas autonomías, como Galiza, para financiar a sanidade) vulnera a lexislación comunitaria. Cómpre lembrar que Feijóo anunciou unha suba de carburantes de 3,6 céntimos o litro de gasóleo e 2,4 o de gasolina. Calcula a Xunta que así recaudaría 56 millóns de euros.

O fallo do avogado xeral -que non é vinculante, mais resulta referendando polo TUE no 80% dos casos- responde a un litixio iniciado por unha empresa de transporte establecida en Cataluña. 

Comentarios