Este é o prezo da luz, por horas, do 1 de xullo

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 362,02 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 269,77 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.
Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
photo_camera Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario'. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta sexta feira nos 312,09 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 362,02 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 269,77 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 145,22 euros/MWh.

Deste modo, sobe 9,9% a respecto dos 132,13 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios