Compostela súmase aos concellos 'tomados' pol@s estafad@s polas preferentes


Un grupo de veciñ@s de Compostela afectad@s polo calote das preferentes encadeouse no Concello da capital da Galiza para exixir a devolución íntegra dos seus aforros. Esta acción vén sumarse aos peches noutros concellos (Boiro) ou á folga de fame en Ferrol, nunha dinámica que, advirten os e as afectadas, "non fixo máis que comenzar"
Afectad@s con Rubén Cela, do BNG
photo_camera Afectad@s con Rubén Cela, do BNG

Uns 20 veciños e vecinas de Compostela accederon ao interior do Concello pouco antes das doce do mediodía desta quinta para protagonizar unha acción simbólica coa que denunciar o calote do que foron obxecto polas entidades bancarias, para alén de exixir responsabilidades. Encadeados, e portando faixas nas que reclamaban solucións, un dos participantes na protesta, Antonio Sánchez, advertíu: "Isto non fixo máis que empezar".

Sánchez sinalou que "alguén comeu os nosos cartos, foito dos nosos aforros de moitos anos", e afirmou sentir "vergoña de como o presidente da Xunta e do goberno central non apoian aos cidadáns abandónannos fronte aos bancos".

Un voceiro da plataforma compostelá de afectad@s, Xosé Palacio, calificou a acción de "pacífica e simbólica", enmarcándoa en que nesta quinta no pleno de Compostela vaise debatir unha moción do BNG sobre preferentes. "Após que se confirmarse a quita do 40% e de que o 60% vánnolo dar en papeliños", os e as estafadas optaron por intensificar as mobilizacións.

"Queremos manter xuntanza cos tres partidos representados e co alcalde, para que se posicionen claramente sobre este tema", indicou Palacio.

Comentarios