Usuari@s chaman a 'desertar' esta terza da AP9 para amosar o seu desacordo coas peaxes

Baixo a palabra de orde 'Tod@s contra as peaxes', unha plataforma de usuari@s desta autoestrada, convoca para esta terza, 30 de outubro, unha protesta que evidencie a inxustiza dos cobros nesta autoestrada
Autoestrada

O fastío d@s usuari@s da AP9 móstrase esta terza, 30 de outubro, na chamada para que @s conductor@s que empreguen esta autoestrada manifesten o seu desacordo cos prezos desta. Trátase de recorrer a outras vías de comunicación, como mostra clara de desacordo coa imposición por Audasa de prezos que entenden como "abusivos".

En sitios como Nonvoupagar, e diferentes páxinas das redes sociais, está a se intensificar nos últimos días esta campaña. "O feito é que, en Galicia, a AP9 é unha vía sen alternativa. Tennos de reféns, pois poucos de nós podemos ir de Vigo a Ferrol por estrada. Unha vía sen alternativa, que nin ofrece un bo mantemento, nin unha boa sinalización. E cunhas peaxes exorbitantes que son un verdadeiro atraco ao peto de quen precisamos atravesar esa vía con frecuencia, moitos mesmo a diario, pois é o único xeito de chegar aos seus postos de traballo. Porque non hai alternativa".

Máis de 10.000 vehículos

Segundo @s organizador@s, máis de 10.000 vehículos que empregan habitualmente esta autostrada poderían nesta terza sumarse á iniciativa de non circular pola autoestrada do Atlántico. @s promotores da iniciativa recabaron en poucos días perto de mil adhesións.

Comentarios