Arredor de 40 mil traballadoras/es em Galiza fican esta segunda feira sen o seu convenio

Hoxe 8 de xullo finaliza o prazo para que aqueles convenios cuxa vixencia acabou hai un ano ou máis se renoven. No conxunto do Estado, por volta de 1.900.000 asalariad@s verían unha merma nos seus dereitos e nas súas condicións laborais. Na Galiza, son 36.342 @s afectad@s, segundo Consello Relacións Laborais

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).

Un total de 1.902.929 asalariados no conxunto do Estado, cubertos por máis de 1.340 convenios colectivos, fican hoxe 'á intemperie'. Esta segunda feira, 8 de xullo, caducan eses 1,340 convenios. Finaliza o prazo para que aqueles convenios cuxa vixencia acabou hai un ano ou máis se renoven. E acabo o prazo por un apartado da última reforma laboral que dá por derogados automaticamente todos os convenios que non fosen renovados, ou prorrogados, após un ano sen acordo entre as empresas e traballadores.

Segundo datos que vén de ofrecer o Consello de Relacións Laborais, na Galiza isto afecta a 25 convenios e 36.342 asalariad@s

Até esta ultima reforma laboral, un convenio mantiñaa vixencia, aínda que vencese e estivese denunciado por unha das partes, mentres non fose substituído por un convenio novo, froito do acordo. Era o que se coñecía como 'ultraactividade'.

Ataque a dereitos conquistados

Mais agora esa 'ultraactividade' desaparece. Se caduca o convenio e non houbo acordo nese prazo dun ano, as e os traballadores pasan a se rexir por un convenio superior. E de non haber convenio superior (algo que acontece en non poucos sectores), pasarían a ser rexidos polo Estatuto dos Traballadores. Ou sexa, polo mínimo lega en canto a dereitos. Estes traballadores poderían se atopar a partir de agora traballando máis horas e por 645 euros ao mes, o SMI.

Comentarios