Escalada do IPC afoga o poder adquisitivo d@s traballadores

O ritmo de medre do Índice de prezos ao consumo siuou a taxa interanual nun 2,6% na Galiza, espoleado polas alzas en vivenda, transporte ou medicinas.

O IPC subiu na Galiza sete décimas en agosto e sitúa a taxa interanual de aumento dos prezos nun 2,6%, porcentaxe moi superior, lembran os sindicatos, ás subas salariais pactadas de media nos convenios colectivos.

A escalada alcista nos prezos deriva principalmente dos aumentos en vivenda (un 7,4%), medicinas (máis dun 5%) ou transporte (tamén por riba do 5% e por mor de disparárense os combustíbeis), alén de categorías como tabaco e bebidas alcólicas, onde o incremento superou o nove por cento. 

En paralelo a este escenario, os salarios seguen a sofrer a crise con especial virulencia. A suba salarial media pactada en convenios colectivos asinados ou revisados até abril foi do 1,85 na Galiza, un 214% no conxunto do estado. 

Máis horas, menos salario

Lenta mais de xeito inexorábel, as e os traballadores perdemos poder adquisitivo a pasos axigantados. A xornada media pactada do conxunto de convenios colectivos no estado foi de 1.754,2 horas anuais (en abril) fronte ás1.753 de marzo. No primeiro cadrimestre do presente exercicio asináronse 895 convenios colectivos, o que supón un 45% menos que no mesmo periodo do ano anterior.

Desde os sindicatos consideran que todo isto reflexa a aposta porque sexan as e os traballadores os que paguen unha crise da que non son responsábeis.

Comentarios