xoves 21/10/21

Máis de 18.000 [email protected] [email protected] por un ERE na Galiza, un 47% máis que no ano pasado

Entre xaneiro e agosto houbo na Galiza 1.684 expedientes de regulación de emprego comunicados ou autorizados, o que supón un aumento do 82% a respecto do mesmo período de 2011
desempregados á porta dunha oficina do INEM
[email protected] á porta dunha oficina do INEM

Se os EREs son un termómetro do mercado laboral, a febre de destrucción e precarización de emprego na Galiza atinxe niveis de ingreso hospitalario. Entre xaneiro e agosto deste ano, un total de 18.590 persoas se viron afectadas por un expediente de regulación de emprego, un 47,4% máis que no mesmo período de 2011. Un suma e sigue que se mantén desde hai anos e que provoca que nos primeiros oito meses de 2012 os EREs comunicados ou autorizados fosen 1.684, o que supón que se dispararon por riba dun 82 por cento a respecto do exercicio anterior.

Na Galiza víronse [email protected] por un ERE extintivo 2.362 traballadores e traballadoras, entrementres 11.917 sufriron un expediente temporal e 4.311 un ERE de redución de xornada. En calquera destas tres categorías houbo máis persoas afectadas que no mesmo período de 2011, aínda que cómpre destacar que nos expedientes de regulación de emprego de suspensión o aumento foi de perto do 40%.

Os EREs non pactados incrementáronse nun 317% e os [email protected] [email protected] multiplicáronse por catro en relación ao ano pasado

A entrada en vigor da reforma laboral derivou nun importante incremento de EREs, toda vez que se facilitaron á patronal tanto causas como procedementos para os levar a cabo.

Tendencia

Un total de 72.443 [email protected] víronse [email protected] por un expediente de regulación de emprego (ERE) entre 2009 e a actualidade. Neste mesmo período o número de EREs presentados ou autorizados foi de 4.887, un 30% dos cales corresponden aos sete primeiros meses de 2012. Un dato que exemplifica os efectos da última reforma laboral, propulsada polo goberno de Mariano Rajoy. Unha realidade que foi denunciada no Congreso español pola deputada Olaia Fernández Davila a comezos do verán. A parlamentar do BNG sinalou que os EREs non pactados se incrementaron nun 317% e os [email protected] [email protected] multiplicáronse por catro en relación ao ano pasado, por mor da reforma laboral.


comentarios