DESCENSO DE 12%

EPA: 153.000 persoas no desemprego en Galiza

Oficina de emprego

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre do ano cifra en 153.000 as persoas que están no paro en Galiza. Un descenso de 12% a respecto do trimestre anterior e de case 16% no cómputo interanual (últimos 12 meses). A taxa de paro sitúase en 12,24%, sendo a das mulleres superior en máis de 2 puntos á dos homes (13,4% fronte a 11,14%).

En canto á ocupación, esta aumentou en 1,9% e está en 1.096.500 persoas. A taxa de actividade, iso si, está en 53,5%, o que supón 5 puntos menos que a media española, que é neste terceiro trimestre de 58,7. Os datos mostran, pois, que de cada 100 persoas en Galiza 53 teñen emprego ou estanos a buscar; unha cifra que no Estado é 58 de cada 100.

Comentarios