Entra en vigor a reforma laboral que permite despedir cunha indemnización de 20 días e 12 mensualidades

A lei aprobada polo Congreso dos Deputados o 28 de xuño foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE)
Reforma laboral, máis desemprego
photo_camera Reforma laboral, máis desemprego

A lei da reforma laboral aprobada polo Congreso dos Deputados o 28 de xuño xa está en vigor, tras a súa publicación no BOE do sábado 7 de xullo. O Goberno de Rajoy aprobou no seu momento (10 de febreiro) un real decreto no Consello de Ministros, que entrou en vigor pouco despois e que foi modificado no seu paso por Congreso e Senado, ao introducir 85 enmendas.

A nova lei establece que poderán acollerse a despidos obxectivos por causas económicas (20 días por ano traballado) as empresas cando dos seus resultados económicos se desprenda "unha situación económica negativa". na que se enmarcan circunstancias como a diminución persistente das vendas.

Tamén establece a norma que a indemnización por despido improcedente (nos contratos indefinidos) é de 33 días por ano traballado e un máximo de 24 mensualidades. No caso de despido procedente, será 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades.

Condicións laborais

Na lei hai diversas normas que faciliten on descolgue dos convenios colectivos ou ben a modificación das condicións laborais. Tamén se abre a porta a despidos no sector público.

Comentarios