Endesa paraliza as probas de biocombustíbeis na central das Pontes

Atribúen a parada ás protestas dos transportistas, que bloquearon os accesos á central por segundo día consecutivo.
Os transportistas bloquean o acceso a central térmica das Pontes (Foto: Europa Press).
photo_camera Os transportistas bloquean o acceso a central térmica das Pontes (Foto: Europa Press).

As protestas dos transportistas das Pontes, que por segundo día volveron a cortar os accesos á central térmica, levaron a Endesa, a compañía titular das instalacións, a suspender "indefinidamente" as probas de biocombustíbeis para avaliar se o seu uso é rendíbel técnica e economicamente para a produción de enerxía.

Fontes da eléctrica tamén anunciaron a cancelación da reunión do 27 de outubro coas empresas contratistas pola actitude dos transportistas, ao estimar que estes desprezan o diálogo coa compañía.

Pola súa parte, estes anuncian que seguirán co bloqueo, xa que non están dispostos a que "con desafíos" se lles trate de condicionar. Por tal motivo, piden "falar e ser persoas" co fin de alcanzar coa empresa "algún acordo" para abandonar a mobilización.

Comentarios