“As empresas saíron da crise hai tempo, os traballadores non”

A remuneración das persoas asalariadas en Galiza en mínimos históricos mentres as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros.

Operarias nunha carpinteiría industrial
photo_camera Operarias nunha carpinteiría industrial

As contas e balanzos das empresas apontan a que hai una recuperación económica mais as nóminas das traballadoras e traballadores, non. Houbo, pois, un transvase de rendas desde as persoas asalariadas ás empresas. O que se reflicte na propia contabilidade trimestral que publica o Instituto Galego de Estatística e que debulla o sindicato UXT.

Os salarios dos traballadores e traballadoras representaban en 2008 case 47% do PIB mentres que as empresas percibían 45%. As rendas de traballo, pois, ocupaban o primeiro lugar. Mais agora a poboación asalariada pasou a percibir 42,7% mentres que o empresariado, 47,3%. Hai pois unha caía de 4,2 puntos no reparto do PIB para as persoas asalariadas e os beneficios empresariais aumentaron en 2,3 puntos.

En resumo, os traballadores e traballadoras perden máis de 1.250 millóns de euros mentres  as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros.

En resumo, os traballadores e traballadoras perden máis de 1.250 millóns de euros mentres  as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros.

No conxunto do Estado deuse tamén esa tendencia mais dun xeito moito menos ausado que no noso país. De feito, as rendas salariais continúan a estar no PIB por riba das rendas empresariais. En Galiza non.

“As empresas saíron da crise hai tempo, recuperando os niveis de beneficios anteriores ao ano 2008 pero non así as persoas traballadoras, ás que aínda lle falta moito para recuperar os niveis salariais previos á crise”, sosteñen desde a UXT.

Comentarios