sábado 11.07.2020

As empresas do Ibex 35 aumentan nun 25% os beneficios ao tempo que aceleran despedimentos e EREs

As principais empresas cotizadas españolas tiveron nos seis primeiros meses un beneficio de case 16.500 millóns de euros, un 25,3% máis. Un aumento nas ganancias ao tempo que a reduciron case o 9% en persoal.

As empresas do Ibex 35 aumentan nun 25% os beneficios ao tempo que aceleran despedimentos e EREs

Tras dous anos de descensos, que non de perdas, as principais empresas cotizadas españolas volven aumentar beneficios e ganancias. Fixérono durante o primeiro semestre do 2013. Así se recolle nos datos e información da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que apunta a uns beneficios conxuntos destas grandes firmas de 16.435,5 millóns de euros. Isto é, un 25,3 por cento máis que nos seis primeiros meses de 2012. E este importante incremento vai parello aos procesos de despedimentos e EREs destas grandes empresas, que reduciron o seu persoal en case un 9 por cento.

Estas grandes empresas que gañan millóns despiden [email protected] cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades

Os 'mandamais' de Inditex, Banco Santander, Telefónica, BBVA, Endesa e Sacyr son as que máis sorrín vendo a súa conta de beneficios entre xaneiro e xuño.

Mais estas ganancias non se están a notar entre os traballadores desas empresas e compañías. Afogados `por unha contención salarial que implica perda de poder adquisitivo ou, xa de maneira directa, sometidos a expedientes de regulación de emprego extintivos ou temporais; @s [email protected] non teñen moitos motivos de ledicia.

Milleiros de despedimentos

Así, por volta do 40% das principais empresas cotizadas españolas desenvolveron durante o ano 2012 EREs. Expedientes (de extinción ou suspensión temporal) que afectaron a máis de 30.000 [email protected]

Catro de cada 10 empresas do IBEX 35 executaron EREs en 2012

Un dato: a inmensa maioría das grandes empresas do Ibex 35, esas que veñen de ter beneficios por milleiros de millóns de euros, poden despedir aos seus e ás súas traballadoras cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades

E a 'festa' sigue: só tributan 12 euros de cada 100 que gañan

Os grandes grupos empresariais tributaron en 2012 (datos provisionais) pouco máis de 14 mil millóns de euros. Unha cifra que representa apenas o 12,5% dos seus beneficios. "Farangullas", como manteñen desde o sindicato de té[email protected] do Ministerio de Facenda, Gestha.

Así pois, de cada 100 euros que gañan estes grandes conglomerados, entre os que están os 'reis' que copan o Ibex 35, pagan a Facenda menos de 13 euros.

O tipo medio efectivo das sociedades cunha facturación superior os 1.000 millóns de euros non chega ao 17%, o impuesto de sociedades sitúase no 30% para as que ingresan máis de dez millóns, mentres que unha empresa con menos de 60.000 euros de ingresos paga por riba do 22%

comentarios