Empresarios galegos piden unha nova reforma laboral ante a crise derivada da Covid

Avoga por un “liderado claro” no Estado español nestes tempos de pandemia.

A creación de empresas estase a ver afectada polo coronavirus (Europa Press).
photo_camera (Foto: Europa Press).

O Círculo de Empresarios de Galiza reivindica un “liderado nacional claro, secundado polos líderes autonómicos” para facer fronte á crise da Covid-19. A través dun comunicado, esta entidade, que di representar empresarios e empresarias da área de Vigo, advirte que non se actuar acrecentaranse “as desigualdades sociais e a miseria”.

Piden que, no curto prazo, se proceda a unha optimización dos recursos sanitarios “públicos e privados”, así como diversas medidas para combater a fenda dixital.

A medio e longo prazo, sinalan, consideran que é necesario ir cara a unha “reforma laboral” que conte cos diferentes axentes sociais. “Non é de recibo que o emprego continúa a ser o elo máis feble en caso de crise”.

Pide, ademais, “harmonización fiscal e unidade do mercado nacional” e a aposta por unha “política industrial que prime o desenvolvemento de procesos de I+d+i”.

Comentarios