Empresario de Culleredo despide os traballadores que fixeron folgas para reclamar que se lle paguen os salarios

O persoal recurriu os despedimentos ante a xustiza a denuncia a situación de "total desprotección" na que se atopan

Durante os meses de xuño e xullo os traballadores de Industrias Caamaño realizaron unha serie de mobilizacións, folgas incluidas, para reclamaren que se lle pagasen os salarios e pagas adebedadas. A resposta que veñen de recibir dos responsábeis desta empresa de Culleredo que se adica á carpinteiría de aluminio e aceiro foi o despedimento de boa parte dos operarios que secundaron as protestas, alén de continuar sen pagar os salarios atrasados.

A CIG vén de denunciar o "esperténtico e desesperante" desta situación, máxime cando entre os despedidos hai traballadores con moita antigüidade nesta empresa (un deles, con case catro décadas como empregado). O cadro de persoal sospeita que o empresario aproveita para facer un ERE encuberto, 'librándose' dos traballadores máis veteranos "dun xeito áis barato".

A central nacionalista sinala que os propios traballadores indican que o empresario recoñece que os despedimentos dalgúns destes operarios son improcedentes e mesmo lles tería dito aos afectados verbalmente, afirman, que "ten o caixón cheo" mais non vai abonar as débedas salariais e que as reclamen por vía xudicial.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios