Unha empresa galega está a desenvolver un portátil de última xeración con Microsoft

O 5G chegará ao Estado español da man da compañía galega Primux.

O teletraballo medra na Galiza (arquivo)

Primux é unha empresa tecnolóxica galega centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos e vai introducir no Estado español a nova tecnoloxía móbil 5G, Segundo informan nun comunicado

A firma informa que presentará nos vindeiros meses o Primux ioxbook 1305G, con procesador Qualcomm Snapdragon 8CX. O ioxbook 1305G é un portátil revelador e eficaz, cun deseño ultrafino, do que Primux ofrecerá dúas versións ao mercado: 4G e 5G. O proxecto parte dunha colaboración con Qualcomm e Microsoft, converténdose así na primeira empresa do Estado español en asinar un acordo desta índole co xigante estadounidense de telecomunicacións.

Desde a empresa destacan que “o 5G aumentará a velocidade de conexión, permitirá navegar ata a dez gigabytes por segundo, dez veces más rápido que as principais ofertas de fibra óptica do mercado”.

Prevese que a implantación da rede móbil de quinta xeración chegará ao Estado no segundo semestre do ano. O seu despregue suporá unha auténtica revolución tecnolóxica.

Comentarios