O BNG empraza a Fomento a que estude o rescate da AP9 e a súa gratuidade

O BNG vén de solicitar a comparecencia da ministra de Fomento no Congreso para que explique por que non se negociaron descontos en toda a AP9, e só nalgúns tramos. Aliás, a depurada Rosana Pérez pregunta a Ana Pastor se non considera que é momento de analizar o rescate desta autoestrada e facela gratuita

A importancia da AP9 para a mobilidade entre o norte e o sur de Galiza fai que calqueira medida, bend a concesionaria, ben das administracións, sobre a mesma, teña un inpacto directo sobre milleiros de galeg@s que empregan esta autoestrada habitualmente. Por iso, a recente decisión de Fomento de negociar descontos só nun dos tramos da AP9, o de Pontevedra a Vigo, levou ao BNG a pedir a comparecencia da titular deste departamento, Ana Pastor, no Congreso.

A organización nacionalista rexistrou unha pregunta parlamentar para saber por que motivo o Ministerio de Fomento non fixo un "plantexamento máis ambicioso" para que Audasa aprobe un programa de descontos para toda a AP-9. “Coida que se poden recuperar usuarios con constantes aumentos das peaxes e sen programas desconto a similitude dos existentes noutras autoestradas do estado?”.

Aliás, a deputada demanda a Ana Pastor que reclame a Audasa descontos para toda a AP-9. Interpela á ministra de Fomento sobre a estratexia que vai seguer en relación ás peaxes. “Non considera que é hora de abordar o resgate de autoestradas que son fundamentais para a vertebración de territorios como sucede coa AP-9 na Galiza e que carece dunha auténtica alternativa?”.

Comentarios