A economía galega vai a modo ao medrar 0,3% no terceiro trimestre

A taxa anual redúcese o 1,7%, o menor adianto anula desde 2014.

PSA Vigo  [Imaxe: Europa Press]
photo_camera PSA Vigo [Imaxe: Europa Press]

O Produto interior bruto (PIB) galego continúa coa súa lentitude ao rexistraren un incremento de 0,3% no terceiro trimestre en relación cos tres meses anteriores.

Segundo os datos que publica esta quinta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE), a economía galega medrou o 1,7% en taxa interanual, un aumento inferior ao experimentado en trimestres anteriores. En realidade descende a cifras que non había desde o ano 2014.

No primeiro trimestre de 2019, o ascenso do PIB de Galiza foi unha décima superior, é dicir, do 0,4%, e a subida anual situábase en 2,3%. Unhas cifras que descenderon nos últimos meses.

Aínda así, hai un pequeno aumento das exportacións de ben e servizos no terceiro trimestre após as caídas anteriores, cun alza de 5,9% respecto o trimestre anterior e de 0,8% interanual.

As importacións de bens e servizos tamén se elevan no terceiro trimestre, un 6,8% máis fronte os tres meses anteriores, así como un 3,4% máis interanual.

Comentarios