A economía galega medra nos últimos 12 meses apenas un terzo do que o fai a española

O PIB medrou un 0,9% no primeiro trimestre de ano a respecto do primeiro trimestre de 2014. Nese mesmo período a economía española incrementou un 2,7%. 

industria

Continúan a se facer públicos dados que poñen en cuestión os discursos de proceso de recuperación acelerada por parte do goberno galego. A semana pasada, a Oficina estatística da UE sinalaba que a riqueza por persoa en Galiza fica 15 puntos por baixo da media europea e 6 por baixo da española. Esta semana, os dados das pensións medias indican que un galego cobra anualmente 1.650 euros menos que un español. E nesta quinta feira as cifras do IGE poñen sobre a mesa que a economía galega medra no que vai de ano a metade que a española, unha fenda importante.

O PIB (Produto interior bruto) galego medrou no primeiro trimestre deste ano un 0,5% en relación co último trimestre de 2014, un aumento que no conxunto do Estado español case chega a 1%, ficando nun 0,9 por cento. Se a comparación da evolución do PIB galego entre xaneiro e marzo de 2015 facémola, non cos últimos 3 meses de 2014, senón cos tres primeiros dese ano, a fenda aínda é máis grande: nestes 12 meses o PIB galego medrou un 0,9%, mais no conxunto do Estado foi do 2,7%.

Malia estes dados, a Consellería de Facendo afirma, nun comunicado de impresa, que a economía galega rexistra o seu mellor comportamento desde 2007.

Comentarios