Dúas empresas presentan ofertas firmes para comprar Alcoa

Unha delas está interesada nas dúas plantas, A Coruña e Avilés, e a outra, en principio, só na asturiana.

alcoa
photo_camera Mobilización dos traballadores da factoría coruñesa de Alcoa.

Dos sete investidores que mostraron interese por adquirir as plantas de Alcoa da Coruña e Avilés só dous continúan adiante. Dúas empresas con dúas ofertas de compra. Representantes de ambas as dúas reuníronse na tarde desta quinta feira con representantes dos sindicatos e de Alcoa para explicar as súas ofertas.

Unha delas, o fondo suizo Parter Capital,  aposta por ambas as dúas plantas, coruñesa e avilesina, mantendo a actividade ao completo, fundición e series de electrólise, mais condiciona a oferta a lograr un prezo da enerxía estábel, predicíbel e competitivo. Senón, mantería só a fundición e proporía un aumento da produción para poder asumir todo o persoal.

A outra oferta, da alemá Quantum, céntrase na planta de Avilés e o proxecto pasa por industrializar a factoría conservando e3xclusivamente o forno de reciclado (fundición). Non volvería iniciar a electrólise e deixaría pois de producir aluminio primario. Iso si, esta empresa comprométese a manter todo o emprego. E non desbota a posibilidade de se facer tamén coa factoría coruñesa.

Comentarios