Dous exdirectivos de Novacaixagalicia teñen que devolver 10,4 millóns de euros polas prexubilacións

Confirmouno o Tribunal Supremo. Conclúe que a conduta dos acusados consistiu en elaborar "uns contratos de alta dirección blindados para unha prexubilación" moi alta "en plena crise bancaria".

O Tribunal Supremo confirmou que os exdirectivos de Novacaixagalicia José Luís Pego e Gregorio Gorriarán deberán devolver 10,4 millóns de euros polo cobro das súas prexubilacións millonarias. Pego e Gorriarán deberán devolver 6.476.237 e 3.969.349 de euros, respectivamente. O destino dos cartos será para o FROB.

O Supremo conclúe que a conduta dos acusados consistiu en elaborar "uns contratos de alta dirección blindados para unha prexubilación de altísimas remuneracións en plena crise bancaria", xa que, lembra, o FROB tivo que inxectar máis de 9.000 millóns de euros "para reflotar as caixas, unificalas e bancarizarlas", creando Novacaixagalicia Banco. Este diñeiro foi cobrado no ano 2011, cando levaba "xa tres anos achegando diñeiro público ás entidades bancarias en crise", afirma o tribunal.

"Os acusados, a través dos novos contratos e a propósito de que ían ser cesados nos seus postos cando se constituíse o novo banco, conseguiron que, mediante engano, se lles aprobase uns contratos de prexubilación cuxa suma supuxo para o novo banco unhas cantidades a devolver, cando menos, duns doce millóns de euros, a favor do catro altos dirixentes", recolle o fallo.

Nota: Nun primeiro momento, por erro, afirmábase que os cartos das indemnizacións serían devoltos a Abanca cando irán para o FROB.

Comentarios