Dous de cada dez habitantes da Galiza están en risco de pobreza ou exclusión social

A taxa de risco de pobreza  aumentou case un punto en 2020 na Galiza

Acción de Lugo Sen Mordazas para visibilizar a pobreza no Nadal de 2019 (Imaxe: LSM)
photo_camera Acción de Lugo Sen Mordazas para visibilizar a pobreza no Nadal de 2019 (Imaxe: LSM)

A taxa de risco de pobreza na Galiza aumentou 0,88 puntos en 2020, até se situar en 16,11%, segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica esta terza feira o Instituto  Galego de  Estatística (IGE).

Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes.

Para un fogar unipersoal, por exemplo, o limiar en 2020 é de 743,91 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos é de 1.115,87 euros/mes.

En 2020, 19,51% da poboación residente na Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior.

Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (18,44%) e a máis baixa a Lugo (13,54%). Con respecto a 2019, aumenta en Pontevedra en 2,13 puntos porcentuais, en Ourense 0,48 puntos e na Coruña en 0,47, e diminúe en Lugo en 0,94.

En 2020, 19,51% da poboación residente na Galiza está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un aumento de 0,68 puntos respecto ao ano anterior.

Por idades, este indicador reduciuse nos grupos de 50 a 64 anos e de 65 ou máis anos e aumentou nos tres grupos restantes: menores de 16, de 16 a 24 e de 25 a 49.

Para os sete grandes concellos, Santiago de Compostela e Vigo, con 2.673 e 2.465 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ourense (2.290 euros).

Comentarios