As disolucións de empresas aumentan en 54% na Galiza

En semtebro, case o duplo do ritmo de disolucións no conxunto do Estado. 
As empresarias non son optimistas respecto á actividade empresarial (Xoán Roberes).
photo_camera (Foto: Xoán Roberes).

O número de novas sociedades mercantís aumentou un 13,3% en setembro na Galiza en relación ao mesmo mes do ano anterior, até 272 novas empresas, segundo os datos que publica hoxe o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, as disolucións, que chegaron a 108 o noveno mes do ano na Galiza, experimentaron un incremento do 54,3% respecto a igual período de 2019, repartidas entre 77 voluntarias, 25 fusións e seis doutro tipo.

As sociedades mercantís constituídas na Galiza supuxeron a subscrición de case 16,7 millóns de euros e o desembolso dunha contía algo inferior (uns 16,64 millóns).

No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís aumentou en 14% en setembro respecto ao mesmo mes de 2019, até totalizar 6.599 novas empresas.

Co avance inter anual de setembro, que duplicou o rexistrado en agosto e que é o máis elevado en catro anos, a creación de empresas encadea dous meses consecutivos de ascensos.

Con todo, aínda que se crearon máis sociedades que en setembro de 2019, tamén se dispararon as disolucións empresariais. Estas aumentaron un 29,3% interanual en setembro, até sumar 1.623.

.

Comentarios