LABORAL

Sindicatos constatan descenso de baixas por enfermidade profesional por medo a perder o emprego

Por primeira vez na Galiza, en 2011 as enfermedades laborais sen baixa superan ás que conlevan baixa
Galiza supera a media de accidentes laborais do Estado
photo_camera Galiza supera a media de accidentes laborais do Estado

Ás portas da celebración o 28 de abril do Día Internacional da Seguridade e Saúde no traballo, un informe da UGT alerta da diminución “considerable” en 2011 de enfermidades profesionais con baixa na Galiza, factor que o sindicato atribúe ao “medo a perder o emprego por mor da actual coxuntura” creada a raíz das reformas laborais. De feito, 2011 foi no país o primeiro exercicio en que as enfermedades laborais sen baixa superan ás que conlevan unha baixa. No ano pasado as que implicaban baixa laboral caeron nun 25% a respeito de 2006 mentres que nese mesmo periodo houbo un incremento do 160% nas enfermedades sen baixa.

 Alén diso, UGT sinala que Galiza supera “sistemáticamente” a media estatal do denominado “índice de incidencia” (número de accidentes por 100.000 traballadores) de sinistros laborais. No que atinxe aos sinistros graves Galiza duplica a media do Estado, e a respeito dos accidentes no traballo con resultado mortal só é superada por Asturias.

 Para o sindicato, a “discrecionalidade da que gozan os empresarios tras a reforma laboral está a provocar ámbitos laborais tóxicos”. De aí que solicite un papel máis activo do Ministerio Fiscal, desenvolvendo o seu papel constitucional de promotor da acción da xustiza, especialmente, nas situacións de riscos máis graves e intolerables que afectan a numerosos centros de traballo e que son causa directa da maior parte da sinistralidade.

Comentarios