Recortes nos servizos de emprego para abrir a porta ás ETTs

O Colectivo de promotores de emprego denuncia a eliminación de 109 postos de traballo

O Colectivo de promotores de emprego vén de denunciar o que califica de grave situación e que vén derivada da eliminación de 109 postos de traballo de persoal que está a desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galiza. Desde este colectivo consideran que esta supresión é un paso máis no desmantelamento dos Servizos Públicos, nomeadamente das oficinas de emprego e que ten como obxectivo a súa progresiva substitución polas ETTs.

Fronte a isto, defenden a prórroga destes contratos e que a Administración procure unha alternativa orzamentaria para poder manter estes postos de traballo. CIG, CCOO, UGT, CSI-F e CNT defenden a prórroga dos contratos e que a administración procure unha alternativa orzamentaria para o seu mantemento.

Galiza e o Estado español fican por baixo da media da UE en gasto público de políticas activas de emprego e de ratio de profesionais dedicados á atención de cada persoa desempregada.

Comentarios