Desmantelan un taller de escravas na Arxentina que confeccionaba roupa para Inditex

O xigante do téxtil nega contratar talleres ilegais para producir as súas prensdas. Porén, Arxentina fechou xa un dos seus recintos e Brasil mesmo ameazou con expulsar a firma do país.

 

O low-cost do textil. Os reducidos prezos que ofrece no mercado o imperio téxtil de Inditex obtéñense a partir da redución ao máximo dos seus custos de produfión e da confección en serie de millóns de prendas iguais que posteriormente son distribuídas por todo o mundo. A firma propiedade de Amancio Ortega --a terceira persoa mais rica do mundo segundo a revista Forbes-- emprega man de obra escravizada nos seus talleres. Así o denunciou na Arxentina a ONG La Alameda que desde hai anos loita contra a escravitude e a trata de persoas. 

En 2011 demantalaron un taller no Brasil que producía roupa para Inditex en condicións de escravitude, as autoridades do país sancionaron con 1,8 millóns de euros ao imperio téxtil e ameazaron con expulsalo do país

Após a denuncia presentada pola organización non gobernamental, as autoridades arxentinas desmantelaron un dos talleres empregados pola empresa de Amancio Ortega onde as súas traballadoras e traballadores vivían acinad@s no propio recinto onde cosían, con xornadas laborais que mesmo superaban as 13 horas. Empregaban "o sistema coñecido como cama quente" isto é xornadas laborais eternas que @s operari@s debían ir rotando para durmir nun mesmos emprazamento. 

Actualmente, a ONG denuncia a existencia dun outro taller ilegal --o segundo que se afincaría en chan arxentino. Inditex nega que os seus provedores empreguen escrav@s na confección das prendas e argüe ter solicitado até 300 auditorías nos últimos anos para certificar que as prendas foron elborados de acordo cos criterios fixados pola propia marca. Porén, en 2011 outro taller de Zara foi clausurado na cidade brasileira de Sao Paulo. Porén, ao contrario do que acontece agora na Arxentina, o executivo de Dilma Rousffeld multou con 1,8 millóns de euros ao imperio téxtil e ameazou á empresa propiedade de Ortega con ser expulsada do país se non garatía condicións saudábeis e dignas para as súas traballadoras. 

Comentarios