O desemprego descende na Galiza en 12.332 persoas grazas ao 'tirón' do emprego estacional

Os datos do paro rexistrado do mes de xullo indican un descenso de desempregad@s en Galiza, 12.332 parad@s menos. Unha baixada motivada en gran medida polo traballo estacional propio dos meses de verán. No país hai 261.102 persoas no paro. O 94% dos contratos laborais rexistrados en xullo son temporais 

A 31 de xullo na Galiza había rexistradas 261.102 persoas desempregadas, 12.332 menos que no mes anterior. Mais 904 parad@s máis que hai un ano. Unha baixada motivada en gran medida polo tirón do emprego estacional. Os meses de verán son tradicionalmente bos para o traballo.

Por sectores, o de servizos segue a ser o que máis desempregad@s ten no noso país: 151.249. En industria hai 37.384 parad@s, na construción son 41.303, e na pesca e agricultura case 8.300 as persoas inscritas na procura de emprego.

En xuño foron subscritos 84.925 contratos laborais no noso país, e deles só 4.803 tiveron carácter indefinido (un 5,7%), fronte aos 79.492 contratos temporais.

Comentarios