Desconvocada a folga de 48 horas en NGB ao atinxir un preacordo tres sindicatos e empresa

O principio de acordo acadado por dirección con UGT, CCOO e Csica fixa que como máximo se despedirían 1.850 empregad@s (ao inicio da negociación falábase de 2.500 despedimentos). CIG non asinou o preacordo
Nova Galicia Banco

Dirección e sindicatos CCOO, UGT e Csica atinxiron esta madrugada un principio de acordo sobre o ERE que vai afectar a esta entidade financeira para cumprir coas exixencias de recapitalización impostas por Bruxelas e Madrid. Estas tres centrais teñen a maioría necesaria para o preacordo. A folga de 48 horas convocada para 14 e 15 fica desconvocada.

Este preacordo contempla que o número máximo de despedimentos forzosos será de 1.850 traballadores. Ao inicio das negociacións e contactos esta cifra era de 2.500.Recibirán unha indemnización dun mínimo de 25 días por ano de servizo cun máximo de 16 mensualidades. Sen embargo, se non atopan unha oferta de traballoo nos 18 meses seguintes, o traballador poderá perceber unha cantidade complementaria até acadar 30 días por ano até 20 mensualidades e 2.000 euros por cada tres anos de servizo.

Aliás, até perto de 500 empregad@s da entidade que cumpran neste 2013 os 54 anos poderán acollerse á xubilación cobrando o 80% do salario. O resto de empregados que se acollan a unha baixa incentivada recibirán unha indemnización de 30 días por ano traballado, cun máximo de 22 mensualidades. Ademáis, a isto engádese a percepción de 2.000 euros por cada tres anos de servizos completos.

Comentarios