15A xornada de mobilización

Derrogar as reformas, o camiño para garantir as pensións

Derrogar as últimas reformas é o único camiño para garantir unhas pensións dignas no país. Baixo esta premisa, a CIG vén de intensificar as mobilizacións na defensa do sistema público de pensións, e cunha chamada a avanzar cara á convocatoria dunha folga xeral que faga retroceder o goberno español “nas súas posicións antisociais e antiobreiras”. A central convoca este domingo unha nova xornada de mobilización.Eis o extracto dunha reportaxe publicada no Sermos Galiza 291.

CIG 1

1“Non cabe outro tipo de resposta ante o deterioro das pensións que non sexa a mobilización, polo moito que se xogan tanto o pensionista actual como os futuros pensionistas. A situación en conxunto, de empobrecemento social, de desmantelamento das pensións públicas e caída dos salarios, de precarización e explotación laboral. Todas as consecuencias destes anos levan a que a folga e a loita sexan o único camiño”, salienta o secretario nacional da CIG, Paulo Carril, en conversa con este semanario.

Nesta liña, o sindicato convocou manifestacións en todo o país o domingo, día 15 de abril, enmarcadas na campaña que vén desenvolvendo na defensa do sistema público de pensións. “É unha oportunidade para concentrar toda esa mobilización social dos últimos meses e unha ocasión de anticipar o Primeiro de Maio, nesta loita pola recuperación dos nosos dereitos e para que na Galiza teñamos empregos, salarios e pensións dignas”, apunta Carril, “que rompamos esa idea de que temos que ter as pensións máis baixas do Estado e que o sistema público non é viábel”.

O secretario nacional da CIG reivindica o labor continuo da central nacionalista, fronte as campañas de parte de UXT e CCOO no Estado español, a quen acusa de complicidade na aprobación das reformas. “Moitos dos que hoxe convocan ou chaman á convocatoria son causantes do que estamos a vivir. Están confundindo sobre os obxectivos reais. O problema das pensións non é só a suba do 0,25%. Xa durante os anos 2014, 2015 e 2016, a través do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG, estivemos mobilizándonos contra a actualización miserábel do PP”, recorda.

[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 291, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios