Deputación da Coruña adxudicou a dedo 94% do investimento en obra pública

Nos primeiros cinco meses de 2013 a entidade provincial adxudicou proxectos por máis de catro millóns de euros, dos cales 3.770.000 foron dados por procedemento negociado ou de contratación directa

Obra pública

Sen concurso previo ou subasta. Así se adxudicou por parte da Deputación de Pontevedra, en mans do PP, a gran parte do investimento destinado a obra pública. É o que se afirma desde Economía Digital, medio que cita datos do propio ente provincial presidido por Diego Calvo.

Segundo se sostén nesta información, dos 4.016.000 euros adxudicados entre xaneiro e xuño deste ano, perto de 3.780.000 euros fórono a través de proceso negociado ou de contratación directa. É dicir, non houbo concurso previo ou unha subasta.

Aliás, e sempre en base a esta información, dúas construtores pertencentes ao mesmo grupo (pertencente a un mesmo grupo ubicado en Zas) foron beneficiarias de boa parte destas adxudicacións (levaron nove contratacións de obra pública, por un valor superior ao millón de euros)

Comentarios