Denuncian perante o Parlamento o deterioro das condicións de pacientes e persoal en Povisa

Medio cento de traballador@s do Hospital de Povisa, en Vigo, concentráronse ante o Parlamento para denunciar os recortes en persoal e empeoramento das condicións laborais neste centro. Factores que inflúen directamente na calidade asistencial que reciben os e as pacientes
Povisa

Povisa tivo un millón de euros de beneficios. Porén, esta clínica privada de Vigo (mais na que o 75% dos pacienets son derivados do Sergas, que paga a correspondente factura) aposta por recortar en persoal e condicións laborais. Así o denuncian traballadores do centro, que esta terza feira se concentraron perante o Parlamento.

 Así, a dirección apostou por reducir de 1.500 a 1.300 o número de traballadores. Aliás, recorta a xornada a enfermeiras e celedores, polo que hai franxas horarias que fican sen cobertura. Para o persoal, a calidade asistencial que reciben os e as pacientes está a mermar e empeorar.

Convenio

Tamén denuncian os e as traballadoras que a empresa está a prolongar o convenio (que expirou xa hai meses) co obxectivo de intentar impoñer o de ámbito provincial, que é un 40% máis baixo. O persoal exixe a negociación do convenio colectivo.

Comentarios