Denuncian a 'fraude' da recollida de leite 'para po' en Galiza que finalmente vai para outros destinos

Algo que levan tempo denunciando organizacións do sector e que agora comezan a criticar algúns empresarios da propia industria.

leiteb greve
photo_camera Imaxe dun protesto do sector leiteiro

É un negocio redondo: mercar leite nas explotacións que vai para po (co que se paga menos por el ao produtor), maiso o seu destino non vai ser ese. É algo que as diferentes organizacións teñen denunciado en máis dunha ocasión. Elías Somoza, da Fruga, afirma en conversa con Sermos Galiza que “non sabemos se realmente ese leite en pó vai para aí ou para a cadea alimentaria”, nunha dinámica que tira os prezos pois o leite para po págase moito máis barato.

Desde o Sindicato Labrego Galego lembran que “levan “meses denunciando que moito do leite que se compra para facer po a prezos inferiores aos 20 céntimos, en realidade non vai para po, co cal estariamos diante dunha fraude”. E engade: “Xa tardan as inspeccións...”.

Mais agora é desde a propia empresa da industria do leite de onde saen estas sospeitas. E nada máis e nada menos que desde Jesús Lence, propietario de 'Leche Río'. En agroinformación recóllense unhas declaracións deste empresario nas que recoñece que a fin do sistema de cotas provocou “unha gran especulación” por parte dos denominados “primeiros compradores”. Explica que explotacións están a venderlle o leite como se fose destinada para po mais o seu destino son lugares “onde non existen” instalacións para levar a cabo esa transformación”, citando Avilés, Escorial.Madrid ou Burgos.

Comentarios