Denuncia a exención fiscal da Igrexa Católica

Exenta de pago do IRPF, IVE ou IBI, a Igrexa Católica recibe 248,2 millóns de euros en concepto de IRPF de 2011. Son os datos cos que Nós-UP reclama que remate o trato de favor coa institución relixiosa.


Ademais dos ingresos que a Igrexa Católica recibe en materia de impostos e a exención de pagos, Nós-UP reclama unha maior transparencia nas contas da institución pública, que non ten o deber neste momento de declarar os ingresos que recibe. Denuncian que reciben 248,2 millóns de euros a conta do IRPF de 2011, cantidade á que se lle suman convenios e subsidios para manter os seus centros educativos ou sociais ademais de, entre outras partidas, 598.560 euros ao ano por celebraren unha misa nos centros penitenciarios, ao dicir dos datos aportados pola organización independentista. 

Pola contra, reclaman asimesmo que remate o trato de favor que os exime de pagar IRPF e IVA ou mesmo o IBI ou o imposto de doazóns e sucesións. Só en Vigo, de onde parte a denuncia, estiman que a Igrexa Católica posee un conxunto de 111 propiedades inmobiliarias por un valor de 45,9 millóns de euros, sen pago de IBI nin outros impostos urbanos.

Comentarios