”Democracia, non bancocracia”, diversas concentracións no país responderon á decisión do Supremo

concentración bng hipotecas

“A xustiza española ao servizo do poder e contra o pobo”, “O imposto das hipotecas que o pague a banca”, foron algúns dos lemas de cartaces e faixas que esta quinta feira se exhibían nas concentracións convocadas polo BNG nas sete cidades galegas. “Temos dereito a vivir nunha democracia que non estea controlada pola #Bancocracia. Respondemos na rúa á tiranía dos bancos e unha xustiza española ao seu servizo”, indicaba a organización nas redes sociais.

A formación nacionalista lembrou outras "estafas bancarias" recentes, como a das preferentes e subordinadas, que motivou unha "mobilización social exemplar, contundente e constante por parte da sociedade galega, logrando a recuperación da maior parte do diñeiro estafado".

Comentarios