FRUGA

Demandan unha interprofesional láctea en Galiza que garanta recollida do leite e prezos dignos

A Federación Rural Galega piden das administracións públicas un papel ‘’moito máis activo’’ nun sector chave para o país.

Fruga

A Fruga demanda da Consellería de Medio Rural quer de os pasos necesarios para activar unha Inbterprofesional Láctea Galego, un organismo que sirva para “favorecer relacións interprofesionais que garantan a recollido de todo o leite galego e prezos que cubran os custes de produción”. A Federación Rural Galega lembra que noutros territorios do Estado apostouse en iniciativas deste tipo.

Esta petición do sindicato realízase no marco dun escenario preocupante, co prezo do leite pagándoselle aos produtores galegos a niveis de 2012. Os prezos máis baixos do Estado e da UE. “ Para que un gandeiro galego cobre o leite o mesmo prezo que un andaluz ou que un italiano, o papel da consellería do medio rural é clave, concretamente no ano 2007 os gandeiros galegos si que eramos os que cobrabamos o leite mais caro do estado español”.

Estar preparados para o novo escenario

Fruga lembra que os novos cambios que se aveciñan, coa fin do sistema de cotas, é mester un papel “moito mais activo por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar”, e que Galiza como primeira produtora de leite do estado, ten dereito a ter os seus organismos interprofesionais.

O novo sistema de contratos ten que servir “non só para saber a como se vai cobrar o leite, senón ten que ser un sistema que permita fixar un prezo digno a través das negociacións”. Contrariamente, din, ao que acontece na actualidade, “que se converten nun instrumento das empresas para fixar un prezo de forma unilateral, sen que os gandeiros poidamos dicir nada”. 

Comentarios