martes 26.05.2020

Demandan a intervención do goberno estatal na discriminación de prezos do leite galego

O que reciben @s [email protected] [email protected] polo leite é o prezo máis baixo do Estado é un dos máis baixos da Unión Europea, malia supor a súa produción o 40% do leite do Estado.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa en que demanda ao Goberno Central que interveña para frear a discriminación de prezos que practican as cadeas de distribución de Francia e Alemaña contra o leite galego.

Lembrou a grave crise que atravesa o sector lácteo galego, agravada "pola suba dos custos de produción e o diferencial de prezo”. Desde o 2005, mentres os ingresos [email protected] [email protected] galegos pola venda de leite medraron un 0,9%, os custos de explotación fixérono nun 29,6%, co que a súa renda caeu nun 43%.
Isto está provocado en boa medida porque o prezo que reciben é dos máis baixos da Unión Europea e o máis baixo do Estado español: un 5,5% menos que a media estatal, un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda.

A deputada non exime a Xunta de responsabilidades nesta crise: Galiza conta co 40% da produción láctea do Estado e co 50% dos produtores e produtoras “polo que o Goberno galego debería liderar a defensa do sector no Estado en lugar de dedicarse, como fixo nos últimos anos, a eliminar importantes instrumentos dos que o Goberno anterior se dotara para defender o sector e que deron importantes resultados”.

Perante isto, Davila demándalle aos ministerios de Agricultura e Economía que “non permitan que a distribución francesa e alemá actúe de xeito que favoreza a discriminación de prezos das empresas sobre o leite galego”.

Tamén solicita que o Goberno “formule con urxencia as modificacións normativas que aseguren a aplicación axeitada dos contratos no sector lácteo”.

comentarios