Defensa da Ría lamenta que Feixoo apoie "os intereses de ENCE no Parlamento"

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Pontevedra entende que as declaracións do presidente da Xunta alusivas a esta empresa no seu discurso de investidura "rozan o ridículo absoluto". O presidente do colectivo, Antón Masa, di que os datos de emprego aportados non son reais.
apdr ence defensa da ría pontevedra
photo_camera Unha protesta de Defensa da Ría, o verán pasado (Foto: Europa Press)

A Plataforma Pola Defensa da Ría (APDR), un colectivo que naceu para loitar pola protección do estuario de Pontevedra ante a ameaza medioambiental da compañía Ence, lamentou esta quinta feira que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, empregara no seu discurso do debate de investidura no Parlamento unha referencia a esa empresa.

Desde o punto de vista da entidade, Feixoo “segue a representar os intereces de Ence” nesta Cámara. Así o mantivo o presidente da APDR, Antón Masa, que sinalou que ninguén pode quedar indiferente.

“Estamos afeitos a escoitar barbaridades por parte do PP -e do propio Feixoo- na súa impresentábel defensa desta empresa”, comentou. Neste sentido, aludiu a que o grupo está “condenado por delito ecolóxico” e “que segue incumprindo a lexislación en materia de vertidos á ría e coas emisións á atmosfera”.

Masa incluso falou da ocupación “de forma ilegal dun espazo na ría de Pontevedra”, polo que desde o seu punto de vista “as declaracións rozan o absoluto ridículo”.

Uns números en dúbida

“Fala de que da traballo a 5.000 familias directamente e a 80.000 que viven da madeira, sen aportar ningunha referencia que poida xustificar esas esaxeradas cifras”, subliñou o representante.

Desde a APDR lembra que “nin sequera Ence chega a falar de cifras tan elevadas”. Por el contrario, quéixase de que a compañía supuxo parar un desenvolvemento máis axeitado e sostíbel da economía comarcal e galega pola “destrucción” do marisqueo, a afección ao turismo e a “explotación dos nosos montes”.

“Resulta inadmisíbel que o presidente da Xunta ignore a realidade que rodea á empresa, que pasa hoxe pola ilegalidade de permanecer no seu emprazamento actual”, subliñou Masa, que insistiu na mudanza da ubicación. “Evidentemente, coa lei n aman, Ence non pode beneficiarse de ninguna prórroga” e, o organismo, está convencido de que Feixoo é consciente diso.

Comentarios